Continúa a aumentar a participación na dupla cita electoral

Continúa a aumentar a participación na dupla cita electoral
Eleccións no colexio María Barbeito da Coruña
Eleccións no colexio María Barbeito da Coruña  

A participación nas eleccións segue a subir, quer nas municipais, onde votou o 52% do censo, fronte ao 50,97 de 2015, quer nas europeas, onde votou o 49% das persoas con dereito ao facer, fronte ao 34,07% que o fixeran en 2014.


En 2015, ás 18 horas votara o 50,97% do censo electoral, neste 2019 a participación aumenta até o 52%, algo máis de un punto de diferenza.

Na Coruña até as 18 horas votou o 47% do electorado, fronte ao 45,33% de 2015; en Compostela, o 48,7% fronte ao 45,81 de 2015; en Ferrol, o 49,3% fronte ao 44,93% de 2015; en Pontevedra, o 47,5% fronte ao 46,16% de 2015; en Vigo, o 48,5% fronte ao 46,34% de 2015; en Lugo, votou o 44,8% fronte ao 45,22% de 2015 e en Ourense acudiu ás urnas o 47,1% do censo, fronte ao 45,5% das anteriores municipais.

Eleccións europeas

A participación nas eleccións europeas continúa sendo maior que en 2014, cando até as 18 horas votara o 33,78% das persoas con dereito a facelo. Nesta ocasión, votou o 49,3% do censo.

Estes eran os datos de participación das 14 horas.