"Aos galegos vainos ben cun goberno socialista en Madrid"

"Aos galegos vainos ben cun goberno socialista en Madrid"
Caballero, durante unha rolda de prensa esta mañá no Parlamento.
Caballero, durante unha rolda de prensa esta mañá no Parlamento.  
Gonzalo Caballero no seu primeiro debate como portavoz socialista no Parlamento acusou a Feixoo de manter un discurso “falaz e interesado”. Sinalou a corrupción do PP como o problema que "máis danou a saúde democrática en España” e defendeu o goberno de Sánchez en Madrid: "Aos galegos vainos ben cun goberno socialista en Madrid".

“Non se desconecten da realidade do país”, pediu Gonzalo Caballero no seu primeiro debate como portavoz socialista no Parlamento. Acusou a Feixoo de manter un discurso “falaz e interesado” na súa intervención da mañá, e despois saíu en defensa de Pedro Sánchez: “Os galegos vivimos mellor cun goberno socialista en Madrid”. Caballero foi o encargado de poñerlle os adxectivos á desolación que se aprecia desde a oposición. Falou dun goberno pasivo, indolente, inactivo; dun proxecto “persoal” do presidente esgotado e sen ilusión.  “A corrupción do Partido Popular foi o que máis danou a saúde democrática en España”, sostivo o deputado socialista. 

Caballero cuestionou a centralidade da aposta do PP e aseverou que Feixoo carece de “orientación estratéxica”.  Foi un discurso sereno nas formas e duro no fondo. De novo, cun ton institucional, chamando a utilizar o debate da nación para producir unha reflexión precisamente sobre esa cuestión e abordar as causas dos problemas demográficos e económicos do país. “As institucións son un elemento crucial para o desenvolvemento, claves do éxito ou do fracaso, e cando o balance é negativo hai que asumir responsabilidades políticas”, avisou Caballero.