O debate sobre o Estado da Nación: 25 e 27 de setembro

O debate sobre o Estado da Nación: 25 e 27 de setembro

Será o terceiro debate da lexislatura e o noveno de Feixoo como presidente.


O Debate do Estado da Nación será a vindeira semana, 25 e 27 deste mes de setembro. Así se fixou na xunta de portavoces na mañá desta terza feira, 18. O 26 será o día da presentación de emendas.

Será o terceiro debate da lexislatura e o noveno de Feixoo como presidente. Dura tres xornadas, con réplicas dos agora catro grupos da oposición -PSdeG, Grupo Común da Esquerda, BNG e grupo mixto- e o debate e votación dun ditame.