CEUS

O deputado Aitor Esteban fai campaña en Ourense con Compromiso por Galicia

O deputado Aitor Esteban fai campaña en Ourense con Compromiso por Galicia
Esteban, Piñeiro e Iglesias
Esteban, Piñeiro e Iglesias  

O portavoz do PNV no Congreso, Aitor Esteban, viaxou até Ourense para dar soporte ás candidaturas de Compromiso por Galicia ás eleccións municipais e europeas do 26M. A formación galeguista e máis a jetzale concorren coaligadas aos comicios europeos.


Ourense recibiu a visita do portavoz do PNV no Congreso, Aitor Esteban, convidado por Compromiso por Galicia. O jetzale acudiu á cidade das Burgas para arroupar a formación galega coa que comparte a Coalición por unha Europa Solidaria (CEUS), candidatura que este domingo concorre á eurocámara xunto a Coalicón Canaria.

O nacionalista vasco afirmou que “o futuro de Galiza, o que queren ser as galegas e os galegos e o grao de protagonismo de Galiza en Europa estarán a salvo” co voto á coalición que conforman estas forzas.

Nese sentido e xunto a Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso e número tres da candidatura europea, Esteban sinalou que os asuntos que abordan as autoridades europeas son absolutamente fundamentais, “por iso é preciso estar presentes en Europa cunha voz propia", reivindicou.

Esteban afirmou que ninguén podería pór en dúbida que Galiza ten todas as características para ser unha nación diferenciada

Alén dos comicios, o deputado jetzale afirmou que ninguén podería pór en dúbida que Galiza ten todas as características para ser unha nación diferenciada “e para sentirse así" e animou as galegas e galegos que se senten unha nación diferenciada a demostralo e dar un paso adiante tamén nas urnas.

Esteban visita á praza de abastos

Constantino Iglesias, candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía de Ourense, visitou con Aitor Esteban a praza de abastos de Ourense. O deputado vasco afirmou que a cidade das Burgas ten certo parecido con moitas cidades vascas, “con tradición e soleira".

Esteban asegurou na rolda de prensa que ofreceu xunto aos cargos de Compromiso por Galicia que desde o PNV acoden a esta nova lexislatura estatal "con vontade de chegar a un acordo con Pedro Sánchez", mais recalcou que "o primeiro será falar e, a partir de aí, tomarase unha decisión".

O PNV é favorábel a lograr unha estabilidade institucional para o Estado

Amosouse favorábel a lograr unha estabilidade institucional para o Estado e sinalou os principais retos políticos aos que facer fronte no Congreso: a reforma laboral, o debate sobre as pensións e o acordo respecto a estrutura do Estado.