O deputado de Anova Antón Sánchez denuncia no Defensor del Pueblo a opacidade da Xunta coa mina de Touro

O deputado de Anova Antón Sánchez denuncia no Defensor del Pueblo a opacidade da Xunta coa mina de Touro
O deputado Antón Sánchez (dereita) no Defensor del Pueblo. Foto: Anova.
O deputado Antón Sánchez (dereita) no Defensor del Pueblo. Foto: Anova.  

O deputado no Parlamento galego e portavoz nacional de Anova Antón Sánchez levou esta segunda feira o proxecto de reapertura da mina de Touro ao Defensor del Pueblo. Alí denunciou “o bloqueo constante da Xunta no acceso á información do expediente” e asegurou recibir “vontade de cooperación” da institución para chegar a ela.


Sánchez entrevistouse co director de Gabinete do Defensor, Francisco Virseda, e mais co responsábel de Medio Ambiente, Pedro Maura. O deputado galego salientou o seu “grao de coñecemento da mina de Touro en particular e da política mineira na Galiza en particular”.

“Desde o noso punto de vista debería iniciarse o proceso de caducidade do procedemento por ter superado o prazo para a declaración de impacto ambiental”, engadiu Antón Sánchez, quen criticou con dureza “a opacidade e o escurantismo co que a Xunta leva adiante o procedemento”.

Sánchez coincidiu co informe do Defensor sobre a mina de Touro e destacou “o fío condutor que se produce na maneira de actuar da Xunta en todos os casos de reapertura de explotación mineira na Galiza: descontrol, pasividade e deixación”.