Deteñen o alcalde de Dozón por fraude


Deteñen o alcalde de Dozón por fraude

Alfonso Campos (PP) foi detido no marco da operación Qatedra que investiga  irregularidades en cursos de formación. 

Esta sexta feira (27 de novembro) foi detido Alfonso Campos, alcalde de Dozón polo Partido Popular. Campos foi apresado xunto con outras 15 persoas no marco dun proceso de investigación arredor de presuntas irregularidades en cursos de formación, de acordo coa información difundida por Europa Press

A operación, instruída polo xulgado nº 1 de Lalín, pescuda o cobro de subvencións que supostamente non foron destinadas aos cursos aos que se dirixían porque estes non se terían levado a cabo. 

Entre as persoas detidas tamén se atopa o ex-rexedor de Santa Comba, Manuel Landeira, xunto con xerentes de diversas empresas.