Detidos na 'Operación Jaro' participan nun coloquio sobre o proceso contra Causa Galiza

Detidos na 'Operación Jaro' participan nun coloquio sobre o proceso contra Causa Galiza
causa galiza
causa galiza  

A palestra decorrerá esta cuarta feira na Facultade de Historia da Universidade de Compostela.


Independentistas detidos na 'Operación Jaro', o operativo ordenado pola Audiencia Nacional e que implicou a detención da dirección nacional de Causa Galiza e a suspensión de actividades da organización, explicará en Compostela a situación actual do proceso. Será esta cuarta feira, a partir das 19:00 horas, na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Compostela.

A defensa de Causa Galiza recorreu en febreiro perante a sala do penal da Audiencia Nacional o auto do xuíz Eloy Velasco polo que reiteraba a suspensión de actividades da organización independentista, por un ano e prorrogábel. O avogado Guillerme Presa confirmaba daquela que solicitaran “a nulidade do auto”, tanto por cuestións de forma como de fondo.