Dezasete organizacións e colectivos manteñen vivo o “Nada que celebrar” no Día da Constitución

Dezasete organizacións e colectivos manteñen vivo o “Nada que celebrar” no Día da Constitución

Convocan unha concentración o 6 de decembro en Vigo para denunciar o carácter “neofranquista” do actual réxime e reivindicar a República Galega.


Dezasete organizacións, colectivos e asociacións galegos convocan un acto en Vigo para rexeitar a constitución española e defender a República galega. Será a vindeira cuarta feira, 6 de decembro, coincidindo co 39 aniversario da constitución. Ás 12:00 horas e ao pé da Cruz do Castro, en Vigo.

Fontes da organización indican que o acto denunciará o perfil neofranquista do actual réxime español ao tempo que se fará unha defensa do dereito de autodeterminación e da República galega.

Entre as entidades convocantes hai organizacións políticas (Causa Galiza, Colectivo Nacionalista de Marín), xuvenís (Briga) e centros sociais (Faísca, Fuscalho, Mádia Leva!, A Revolta e Xebra). Tamén fan parte da convocatoria diferentes movementos sociais, como Oficina de Dereitos Sociais (ODS) de Coia, a Assemblea Nacional Galega, a Sociedade Cultural e Deportiva do Condado, o portal GalizaLivre, a asociación cultural Arrulique, Jimmy Sempre con Nós, Comité de Solidariedade Internacionalista Galiza-Venezuela Terra Liberada, e os organismos anti-represivos  Ceivar e Que Voltem para à casa!.

A convocatoria está aberta a novas adhesións