DOS 20.619 CANDIDATAS E CANDIDATOS SAIRÁN 3.766 CONCELLEIRAS E CONCELLEIROS

2,2 millóns de [email protected] teñen a palabra

2,2 millóns de [email protected] teñen a palabra
papeletas eleccións
papeletas eleccións  SG

Un total de 2.284.763 [email protected] están chamadas a elixir hoxe entre as 20.619 persoas que fan parte de candidaturas en Galiza os 3.766 concelleiros e 314 alcaldes. Mais co seu voto tamén testarán a saúde do actual sistema de partidos ou o papel que queren para Galiza no escenario electoral.


Un total de 2.284.763 persoas poderán votar hoxe nas eleccións municipais, 32.000 persoas menos que nos comicios de hai catro anos, 2011. Por volta de 82.300 persoas son novos electores que votarán por vez primeira nuns comicios locais ao ter cumpridos 18 anos desde as eleccións anteriores. Un total de 20.619 persoas fan parte na Galiza das 1.199 candidaturas que concorren nestas eleccións. No 15% dos 314 concellos galegos concorren só 2 candidaturas e nun 39% son 3 as listas que se presentan ao 24M.

O número de edís que se van elixir nesa cita é de 3.766, o que supón 45 menos que nos comicios de 2011. Unha mingua derivada da perda de poboación en varios concellos. Para esta xornada electoral disporanse en Galiza 3.997 mesas electorais, 92 menos que nas eleccións de hai catro anos, en 2.506 locais electorais que se van instalar nos 314 concellos, un menos que en 2011 -pola fusión Oza e Cesuras-. 

En xogo

Mais hoxe nas urnas non só se escollen os gobernos locais dos 314 concellos galegos. Son tamén un primeiro 'round' das xerais previstas para antes de que finalice o ano. As papeletas medirán pois o aguante do bipartidismo, a irrupción de forzas emerxentes (Podemos e o espazo político aliado, e Ciudadanos) e se Galiza existe como suxeito político.

Mais do que aconteza este domingo tamén haberá outras lecturas posíbeis de facer. Unha forte queda en apoios do PPdeG podería finiquitar definitivamente o que quede dun futuro salto de Núñez Feijóo á area da política estatal. Mais de o PPdeG obtén unha porcentaxe de apoio nas urnas superior á media estatal, Feijóo podería cobrar pulo nesas aspiracións a desembarcar en Madrid.

Tamén nestas eleccións o PSdeG vai estar baixo a lupa. Pode ser o principal damnificado das municipais en Galiza. Unha perda importante de votos podería reabrir o debate sobre o liderazgo de Gómez Besteiro. As enquisas apuntan a que os socialistas reterían a principal cidade de Galiza, Vigo -mais cun discurso persoalista e localista- e tamén Lugo. Mais en conxunto os inquéritos suxiron unha forte queda de votos en xeral en Galiza.

O nacionalismo tamén seguirá con interese dupla estes comicios. Ademais da vertente municipal, o BNG comprobará o pulso do voto nacionalista nun contexto particularmente complexo e testará o respaldo do que gozan os seus gobernos municipais, todo coa perspectiva das eleccións estatais de novembro/decembro no horizonte.

A 'nova esquerda' que conflúe nas marés ou candidaturas municipalistas comprobará até que punto chega a súa irrupción no panorama político galego. Até onde alcanzan e, tamén, que escenario se abre nos vindeiros meses con interrogantes de como van articular niveis de confluencia entre elas.