Dous cargos próximos a Carmen Santos abandonan Podemos Galiza

Dous cargos próximos a Carmen Santos abandonan Podemos Galiza
Carmen Santos
Carmen Santos  

Rogelio Santos, irmán da ex secretaria xeral da formación morada a nivel galego, e Natalia Prieto, ex secretaria de Organización, apoiaron Carolina Bescansa nas primarias que desputou con Gómez-Reino para liderar a formación na Galiza.


O mesmo día en que se daba a coñecer que Carolina Bescansa ía liderar a candidatura de Más Páis pola Coruña Rogelio Santos remitía unha carta a Podemos Galiza na que lles notificaba a súa dimisión como integrante do Consello Cidadán. Rogelio é irmán de Carmen Santos, quen foi secretaria xeral de Podemos Galiza e deputado do Grupo Común da Esquerda. A través dunha carta datada este venres e dirixida ao Consello Cidadán, á que tivo acceso Europa Press, Rogelio Santos quixo agradecer "a todos polo tempo e o traballo" compartido na formación, así como polo "trato respectuoso que se mantivo por parte da maioría da organización".

Non foi esta a única baixa das últimas horas no seo da formación morada, posto que tamén formalizou a súa marcha Natalia Prieto, que fora secretaria de Organización baixo o liderado de Carmen Santos.

Abandonan Podemos Galiza dúas persoas próximas á que fora líder do partido na Galiza até outubro de 2018. Após a súa renuncia, abriuse un proceso de primarias nas que competiron polo liderado Antón Gómez-Reino e Carolina Bescansa, gañando o primeiro. Santos apoiara Bescansa. Que esta agora volte a primeira plana da política da man do 'errejonismo' sitúa todas as miradas sobre que vai facer Carmen Santos, que ten cadeira no Parlamento da Galiza.