Dous membros da Executiva de Compromiso por Galicia demiten por discrepar coa política de alianzas

Dous membros da Executiva de Compromiso por Galicia demiten por discrepar coa política de alianzas
Paulo Carlos López
Paulo Carlos López  

Paulo Carlos López e Manuel González defendían unha aposta “decidida” por “sumar” no espazo político de En Marea.


Paulo Carlos López e Manuel González, membros da Executiva de Compromiso por Galicia, presentaron a súa demisión en desacordo coa política de alianzas acordada a pasada fin de semana no Consello Político Nacional da formacióbn galeguista. Así o recolle Europa Press, que lembra que ambos os dous, canda Pérez Bouza, defendían unha proposta de resolución na que CxG apostaría “decididamente por sumar no novo espazo político que constitúe En Marea”. Paulo Carlos López ocupábase da área de comunicación e era o representante de CxG en Europa (concorreu co PNV nas europeas). Manuel González era o responsábel de Finanzas. 

O Consello Político Nacional aprobou un texto no que se optaba por “explorar unha alianza eleitoral con vocación galega” para as eleccións deste ano, “sen veto á incorporación de calquera forza política” e dotaba Executiva de potestade para iniciar contactos a tal fin. A decisión será adoptada pola afiliación nunha convención que decorrería en abril.