EH Bildu proporá á súa asemblea presentarse ás europeas co BNG e ERC

EH Bildu proporá á súa asemblea presentarse ás europeas co BNG e ERC
[Imaxe: Parlamento Europeo]
[Imaxe: Parlamento Europeo]  

A dirección da coalición abertzale levará esta proposta á reunión do 14 de decembro en Donostia.


EH Bildu proporá á súa Asemblea presentarse ás eleccións europeas do vindeiro mes de maio co BNG e ERC, segundo informan Gara e Naiz. Vai collendo forma así a proposta que se verbalizaba nestas semanas desde representantes do soberanismo vasco e catalán a prol dunha concorrencia destas forzas para a cita coas europeas.

Segundo informan estes medios vascos, xa se realizaron varias xuntanzas entre as tres formacións políticas para tratar a sintonía sobre este escenario electoral. Se ben non se concretou a fórmula de concorrencia a eses comicios si que parece existir coincidencia na conveniencia de presentarse xuntos, tanto por unha cuestión de índole política como para 'superar' as exixencias aritméticas desa cita coas urnas (nesas eleccións o Estado español é a circunscrición).


EH Bildu, indica esta información, quer traballar para que esa suma de forzas soberanistas e de esquerdas poida ter tamén concreción alén das europeas e para afrontar outros retos político-electorais como as eleccións españolas.
 



x