As eleccións municipais en cifras

As eleccións municipais en cifras
[Imaxe: SG] Papeletas nun colexio electoral de Cerceda
[Imaxe: SG] Papeletas nun colexio electoral de Cerceda  

3.721 actas están en xogo nos 313 concellos galegos. Son 45 menos que nas anteriores eleccións municipais, que tiveran lugar en maio de 2015. Son 2.248.635 as persoas con dereito ao voto.


Un total de 2.248.635 persoas están chamadas ás urnas das eleccións municipais para escolleren 3.721 concelleiras e concelleiros nos 313 concellos. Repártense 45 edís menos que en 2015, segundo os datos da Delegación do Goberno.

O número das persoas que poden votar nas eleccións municipais descendeu en 36.134 persoas a respecto de 2015 e perdéronse 45 concelleiras e concelleiros debido á perda de poboación e a fusión de Cotobade e Cerdedo. Caen 51 representantes locais en 21 concellos, só compensados polos dous que soben en San Cibrao das Viñas e polos catro de Foz.

Nas municipais tamén se elixen os alcaldes e alcaldesas das nove entidades locais menores que existen na Galiza: Berán (Leiro); Arcos da Condesa (Caldas de Reis); Bembrive (Vigo); Camposancos (A Guarda); Chenlo (O Porttiño); Maorgadáns (Gondomar); Pazos de Reis (Tui) e Queimadelos e Vilasobroso (Mondariz).

Ademais resolverase o reparto dos 108 escanos das deputacións provinciais.

Eleccións europeas

En canto ás eleccións europeas, o censo acada as 2.705.842 persoas, que poderán elixir os 54 escanos aos que ten dereito o Estado español, pois para esta cita, a circunscrición é única, estatal.