ESTA SEXTA FEIRA

Encontro entre o BNG e o Comité de Empresa de Alcoa

Encontro entre o BNG e o Comité de Empresa de Alcoa
Goretti Sanmartín, 24 agosto de 2016
Goretti Sanmartín, 24 agosto de 2016  Foto: Irene Pin

A portavoz nacional, Ana Pontón, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, manterán esta sexta feira un encontro co comité de empresa de Alcoa após o anuncio dunha posíbel prórroga de seis meses por parte da multinacional, mais sen que iso implique deixar de aplicar o ERE de extinción previsto para o 15 de xaneiro.


Nesta reunión, o BNG analizará a situación cos representantes dos traballadores, sendo que considera que o resultado da última reunión entre a dirección da empresa e as administración estatal e galega, lonxe de achegar unha solución xera máis incerteza e preocupación.

A formación nacionalista critica a falta de compromiso qeur do Estado uer da Xunta e considera que a mellor opción para garantir o emprego pasa por unha intervención do Estado a través da SEPI nacionalizando Alcoa e que sexa esta entidade pública a que busque comprador con todas as garantías.

Ademais, o Bloque tamén considera urxente unha tarifa específica para empresas electrointensivas que vaia vinculada ao mantemento do emprego e a plans de investimento na factoría coruñesa.