A enquisa publicada en Sermos Galiza daba por vencedor Villares

A enquisa publicada en Sermos Galiza daba por vencedor Villares

O 60,5% das persoas que participaron na enquisa publicada en Sermos Galiza sobre as eleccións primarias de En Marea daban por gañadora a candidatura encabezada por Luís Villares, artellada en Coidando da Casa.


Coidando da Casa, a candidatura liderada por Luís Villares, resultaría gañadora nas eleccións primarias ao Consello da Marea segundo as 1.059 lectoras e lectores que participaron da enquisa publicada en Sermos Galiza a pasada sexta feira, 30 de novembro.

Así, o 60,5% daba gañador o actual líder de En Marea. Un 39,5% daba por gañadora Entre Todas, a lista da que David Bruzos é número un.

Sermos Galiza vén de publicar unha nova enquisa sobre as eleccións primarias do partido en que pregunta se se dan as condicións para que as primarias de En Marea se realicen de acordo ao calendario previsto.



x