Entrevista a Goretti Sanmartín no Sermos198

Entrevista a Goretti Sanmartín no Sermos198
Goretti Sanmartín
Goretti Sanmartín  Foto: X.M.

É a directora de campaña de BNG-Nós Candidatura Galega e fala para Sermos a poucos días do comezo da carreira cara ao 26X. Goretti Sanmartín analisa a actualidade política e ve duplamente útil o voto ao Bloque nesta cita eleitoral. É un dos contidos do Sermos198, na rúa esta quinta feira e na nosa loxa este mesmo serán.


En que vai consistir a campaña eleitoral de BNG-Nós Candidatura Galega? Como están os ánimos da base militante e dos cadros da organización ante o repto do 26X? A estas perguntas contesta Goretti Sanmartín na súa conversa co director de Sermos Galiza, Xosé Mexuto.

Alén da entrevista, o semanario inclúe os artigos de opinión de Luz Darriba e Antón Losada -nas súas seccións Foeminas Xenéricas e Arrenégote demo, respectivamente- ben como publica no Tema de Primeira unha reportaxe do xornalista Cristian López sobre a fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.

Aliás, toda a información da cultura e do tempo do lecer achará como sempre espazo no semanario, no bloco que titulamos xenericamente Fóra de Serie.