ELECCIÓNS XERAIS

A Esquerda avoga por unha "fronte ampla de esquerda rupturista"


A Esquerda avoga por unha "fronte ampla de esquerda rupturista"

A Esquerda vén de facer público o seu posicionamento de cara ás eleccións xerais, para as que aposta por conformar unha “fronte ampla de esquerda rupturista”.

O coordinador xeral da Esquerda, Lois Pérez Leira, avoga por un proceso constituínte que declare "a República" e que defina un "novo modelo de Estado" que garanta o dereito a decidir dos pobos e dos seus cidadáns. Para isto, chama a un proceso constituínte “que se poña en correspondencia cos avances de identidade e conciencia nacional, que se están a producir en Catalunya e en Euskadi”.

Pérez Leira tamén salienta que o pobo galego debe ter voz propia no próximo Parlamento estatal “para tamén ser parte do proceso constituínte que debemos formular con outras organizacións deste ámbito”.