BAIXO O LEMA XENÉRICO "EU❤️ FUTUROPARAGALICIA"

Dez mulleres encabezan a candidatura de Carolina Bescana nas primarias de Podemos Galicia

Dez mulleres encabezan a candidatura de Carolina Bescana nas primarias de Podemos Galicia
Bescansa
Bescansa  

A secretaria xeral saínte Carmen Santos fechará a listaxe e, anuncia a candidatura de Bescansa, participará activamente na campaña.


A candidatura de Carolina Bescansa, que se rexistou esta terza feira, leva como título xenérico o de Eu️ Futuro Para Galicia, cun corazón entre as palabras "Eu" e "Futuro". De se impor nas primarias, representaría unha moi significativa renovación do Consello Cidadán Autonómico, o máximo órgao da formación morada no país, ao mudar 55 por cento das persoas que o compoñen.

As bandeiras que enarborará Bescansa nesta competición interna fronte ao congresista Antón Gómez-Reino son o seu prestixio interno na organización —da que foi cofundadora con Pablo Iglesias, Íñigo Errejón e Juan Carlos Monedero— e a súa aposta polo predominio feminino na dirección, da que é boa mostra o feito de ter apresentado unha listaxe encabezada por 10 mulleres.

A número un na lista de Carolina Bescansa é a economista chantadina Natalia Prieto, actual secretaria de Organización, en tanto que a sarriana Paula de Santiago —"bregada no municipalismo", di a nota de imprensa deste colectivo de militantes de Podemos— asume a segunda praza da candidatura.

Raimundo Viejo, politólogo vigués residente en Barcelona, colaborador de Ada Colau e deputado no Congreso, é o primeiro home na lista, a ocupar o posto 11.

A listaxe completa é a seguinte:

1 Natalia Prieto

2 Paula de Santiago

3 Paloma Manzano

4 Julia Torregrosa

5 María antonia Trillo

6 Genma Otero

7 Marlene Perez

8 Lili Escobar

9 Begoña Hermida

10 Ana Abella

11 Raimundo Viejo

12 Maika Arias

13 Rogelio Santos

14 Sara Curto

15 José Manuel Prieto

16 Olga Dourado

17 Eduardo Nieto

18 Mar Taboada

19 Sergio Míguez

20 Eduardo Ortiz

21 Manuel Villares

22 Luis díaz Allegue

23 Daniel Liceras

24 Francesco Bertussi

25 Enrique Fojo

26 José Luis Romaris

27 Alicia Lorenzo

28 Manuel Iglesias

28 Silvia Otero

30 Rubén Iglesias

31 Almudena Pequeño 

32 Consuelo Rivadulla

33 Víctor Fernández

34 Carmen Santos



x