A ex alcaldesa Corina Porro farase cargo da xestora do PP vigués

A ex alcaldesa Corina Porro farase cargo da xestora do PP vigués
A ex alcaldesa de Vigo e presidenta do Consello Económico e Social Corina Porro. Foto: Contando Estrelas (Wikipedia).
A ex alcaldesa de Vigo e presidenta do Consello Económico e Social Corina Porro. Foto: Contando Estrelas (Wikipedia).  

A esmagadora vitoria electoral de Abel Caballero axiña cobrou as primeiras vítimas. A candidata do PP e ex conselleira da Xunta de Feixoo, Elena Muñoz, dimitiu o pasado sábado. E a dirección provincial dese partido xa propuxo quen se faga cargo da xestora que dirixirá a organización de maneira temporal: a ex alcadesa Corina Porro.


A derrota do Partido Popular en Vigo -catro concelleiros fronte a 20 do PSOE, dous de Marea de Vigo e un do BNG- foi de tal calibre que as 37 persoas integrantes da lista -27 candidatas e dez suplentes- manifestaron estar dispostas a renunciar se a formación llo solicita. Os catros edís electos non serán así problema para que a xestora conforme un grupo municipal ao seu xeito.

Porro encabezou o consistorio vigués entre 2003 e 2007 e preside na actualidade o Consello Económico e Social.