Exdeputada do PP en Madrid sobrevivinte do sinistro do Alvia pide o voto para Ana Miranda

Exdeputada do PP en Madrid sobrevivinte do sinistro do Alvia pide o voto para Ana Miranda
Gómez Limónm.
Imaxe: La Sexta
Gómez Limónm. Imaxe: La Sexta  

“Non son do BNG nin galega pero grazas Ana Miranda, é unha política responsábel, á que hai que votar", afirma nun vídeo nas redes sociais Teresa Gómez Limón, que fora deputada autonómica do Partido Popular na Comunidade de Madrid.


Teresa Gómez Limón foi deputada do PP na Comunidade de Madrid. Foi tamén vítima do sinistro do Alvia do 24 de xullo de 2013 no que morreron 80 persoas. Gómez Limón vén de publicar nas redes sociais un vídeo no que pide o voto para Ana Miranda (BNG) nestas eleccións europeas do 26 de maio. A nacionalista difundiu o vídeo no seu twitter.

“Non son do BNG, nin tampouco galega, pero quería dicirvos que grazas a Ana Miranda as vítimas sentímonos acompañadas”, afirma no vídeo. “Ana Miranda”, prosegue, “a diferenza doutros políticos é unha política responsábel, á que hai que votar”. Aliás, engade, “son unha republicana convencida, por iso quero que votedes, é o xusto, Agora Repúblicas [a coalición onde vai o BNG]”.