Exixen explicacións a Madrid polas multas a embarcacións que non portan bandeira española


Exixen explicacións a Madrid polas multas a embarcacións que non portan bandeira española

As sacións oscilan entre os 800 e os 1.500 euros. O BNG denuncia no Congreso [email protected] [email protected] que a medida é "puramente ideolóxica" e exixe a Madrid que dea explicacións

Sermos Galiza avanzábao o pasado mes de xuño. Mariñeiros de Aguiño, Santa Uxía de Ribeira e A Pobra do Caramiñal denunciaron que a Garda Civil está a impor sancións ás pequenas embarcacións de baixura --concretamente aquelas que faenan na ría de Arousa-- por non levaren "ben visíbel" a bandeira española. 

As multas supoñen un mes de ganancia para as embarcacións que operan nas costas galegas

As multas --que son rexistradas por axentes do Instituto Armado-- oscilan entre os 800 e os 1.500 euros, "o soldo dun mes", aseguran os mariñeiros, e virían da man do Decreto 2335/ 1980 polo que se fixa que: “todos os barcos enarbolarán como único pavillón a bandeira de España” e non poderán levar izada “ningunha bandeira" se non o está o "pavillón 'nacional'". 

A norma non era de aplicación até o momento. As embarcacións de baixura que non operan en augas internacionais nin comunitarias --lembran desde o BNG-- acostuman non levar ningunha insignia. “Normalmente, e aquí, dentro da Ría, nos que andamos á baixura, ao marisqueo ou á batea; non se levaba ningunha bandeira no barco. Só se pon para as procesións, o Carme,...”, apuntan os mariñeiros. 

O Bloque asegura que as multas son "puramente ideolóxicas" e exixe unha rectificación

Para o BNG as multas impostas [email protected] axentes da Garda Civil son "puramente ideolóxicas" polo que o executivo de Madrid debe explicar "se ordenou" sancionar este tipo de embarcacións e se vai levar a cabo algunha rectificación. 

A xuízo da organización frontista o acontecido é "verdadeiramente alarmante" habida conta de que eses buques desenvolven a súa actividade nas rias ou no litoral galego.