Feijóo aprobará nesta lexislatura a redución de parlamentares

Feijóo aprobará nesta lexislatura a redución de parlamentares
Alberto Núñez Feijóo
Alberto Núñez Feijóo  PPdeG

Após as eleccións do 21-O, o Partido Popular recunca na idea de reducir parlamentares en aras do suposto aforro pregoado por Alfonso Rueda na pasada lexislatura. Aliás, Alberto Núñez Feijóo avanzou no seu discurso de investidura que o novo executivo completará a reforma institucional iniciada no exercicio anterior.


O discurso de investidura de quen será elixido presidente deixou ver algunhas das iniciativas que marcarán a vindeira lexislatura, aínda por comezar. Entre as medidas adiantadas por Alberto Núñez Feijóo a pasada terza atópanse algunhas que xa foran aprobadas no anterior período de sesións, como a Lei de Medio; outras que serán presentadas e aprobadas polo novo executivo, como a futura Lei de Solo e outras que, malia contaren cun profundo rexeitamento social cando foron anunciadas no exercicio anterior, serán recuperadas a partir do inicio deste curso político.

Unha reforma institucional que vai alén da Cámara

O presidente en funcións asegurou durante a súa intervención no Parlamento que o novo executivo galego continuaría adiante coa iniciativa proposta polo grupo parlamentar popular na pasada lexislatura, con que procuraban aprobar a redución do número de parlamentares --iso si, de acordo co abano estabelecido polo Estatuto evitando ter que reformar o texto normativo. "Un dos meus primeiros compromisos será completar a reforma institucional iniciada na pasada lexislatura", aseguraba o candidado á presidencia da Xunta argüíndo que esta constitúe "unha das grandes oportunidades que esta crise puxo diante de todos nós", sentenciaba.

Segundo Feijóo a redución [email protected] [email protected] é unha "oportunidade" brindada pola crise

Nin o masivo rexeitamento da opinión pública, que vía tras a proposta a vontade de blindar a maioría do Partido Popular malia a tendencia á baixa no número de votos mantida durante as anteriores eleccións. Tampouco as denuncias expresadas polos grupos da oposición --que acusaban @s populares de quereren levar adiante un 'pucheirazo electoral', fixeron recuar o grupo parlamentar maioritario. Neste sentido, e se @s 'populares' manteñen a mesma actitude que na pasada lexislatura, as súas intencións serán aprobar a reforma "pola vía máis rápida", aseguraba Román Rodríguez naquela altura.

Porén, non só a redución de representantes está entre os plans de quen será re-elixido presidente da Xunta de Galiza, asegurou que o novo executivo continuará coa "diminución da estrutura da Xunta" para o que se aprobarán novas fusións no seo da Administración pública e promoverá novas medidas de austeridade que veñen a cumprir as demandas do goberno español. O executivo lidarado por Mariano Rajoy, prepara unha reforma da Lei de bases do réxime local con que reducir o número de [email protected] e estabelecer os soldos percibidos polas alcaldías desde a administración local. Neste sentido, Feijóo avanzou que reformaría a Lei da Administración local "para ordenar os salarios dos cargos municicipais conforme a criterios obxectivos" e baixo o parugas da "austeridade", asemade, e para completar a reforma, asegurou que proporía á Cámara "unha nova redución das subvencións a partidos políticos, sindicatos e patronal" que viría sumarse á aprobada desde o goberno español.