Feijóo aposta en Felipe González para avaliar a viabilidade da sanidade pública

Feijóo aposta en Felipe González para avaliar a viabilidade da sanidade pública
feijoo
feijoo  

Os rumores sobre un hipotético goberno de concentración entre PP e PSOE chegan ás máximas instancias da Xunta. O presidente galego Alberto Núñez Feijóo, mostrouse esta segunda feira aberto á colaboración entre as forzas bipartidistas, aínda que a limitou ao campo sanitario.

Feijóo declarou no Foro España Innova que considera o ex presidente Felipe González como o mellor líder para unha comisión que analice “propostas sobre a viabilidade do Sistema Nacional de Saúde”. A comisión elaboraría unha política sanitaria común, mais sen contar co resto do espectro político.

"A algúns partidos non lles parece ben, mais creo que en materia sanitaria debemos acordar políticas de concertación"

“Estase a falar de gobernos de concertación. A algúns partidos non lles parece ben, mais creo que en materia sanitaria debemos acordar políticas de concertación polo seu impacto na financiación autonómica”, afirmou o presidente da Xunta, nun novo exemplo de visión recentralista dos servizos básicos.

Así, loou a figura de González e xustificou a elección porque o ex presidente é “unha das persoas que coa súa experiencia e o seu sentido de estado resulta das más adecuadas para presidir unha gran proposta sobre a viabilidade do sistema sanitario”