Feijóo elude responsabilidades nos lumes que atinxe a "un problema de orde pública"


Feijóo elude responsabilidades nos lumes que atinxe a "un problema de orde pública"

Nunha entrevista publicada por La Voz debulla as medidas que desenvolverá a Xunta após arderen máis de 10.000 hectáreas na Galiza: reformar o Código Penal e "mellorar a política interior" para "concienciar as forzas e corpos de seguridade"

O presidente da Xunta de Galiza fai coma quen escoita chover. A vaga de lumes que asolaga Galiza desde o pasado mes de xullo e que deixou xa máis de 10.000 hectáreas ardidas no que vai de campaña non vai con el como tampouco a administración galega ten responsabilidades pois "a maior parte do monte é privado", afirmou. 

O presidente considera que a vaga de incendios é "un problema de orde pública" que se resolve "concienciando"

Alberto Núñez Feijóo elude nunha entrevista concendida a La Voz de Galicia, asumir que as decisións adoptadas polo Goberno galego teñen a ver coa falta de medios na prevención e extinción dos incendios e apela a "un problema de orde pública" que di, subsanarán "concienciando as forzas e corpos de seguridade" para que investigar os lumes non sexa só cousa do verán. 

"Se alguén colle unha arma pola rúa e dispara á xente, deseguro que a pregunta non é que tal tratan aos feridos nos hospitais". Con este símil o presidente do executivo galego bota balóns fóra perante os incendios que están a devastar Galiza e elude as responsabilidades do seu Goberno. Para Núñez Feijóo estas non lle son atribuíbeis por mor da titularidade das terras que son "na súa maioría" de carácter privado. 

Núñez Feijóo responsabiliza @s [email protected] da vaga de incendios por non saberen que as terras abranguen "dereitos e obrigas"

Nin os recortes en prevención e extinción de incendios denunciados polos servizos de emerxencia a comezos do verán, nin a política forestal, nin as mudanzas lexislativas que reduciron o perímetro de seguridade entre o monte e os núcleos rurais, son responsabilidade do Partido Popular á fronte da Xunta.

Para Feijóo son "os propietarios" das terras @s que "non protexen" e mesmo "non aseguran" o monte pois, ao entender do presidente da Xunta descoñecen que "a propiedade ten dereitos e obrigas".