Feijóo gábase da súa xestión e asegura que Galiza é a envexa do Estado

Feijóo gábase da súa xestión e asegura que Galiza é a envexa do Estado
Mariano Rajoy e Feijóo na Moncloa
Mariano Rajoy e Feijóo na Moncloa  SG
Alberto Núñez Feijóo saca peito nunha entrevista concecida a un diario español e asegura que "xa lle gustaría ter a España" o índice de défice e paro que ten Galiza.

Alberto Núñez Feijóo acostuma a saír máis na prensa española que na de Galiza, algo que non deixa de alimentar os rumores dunha posíbel carreira na política estatal após converterse no "político de moda do Partido Popular" --aseguran desde a imprensa do Estado. A súa vitoria electoral e renovada maioría absoluta sitúan ao presidente da Xunta de Galiza entre os poucos que conseguiron sobrevivir no goberno após o estourido da crise. Porén, Núñez Feijóo responde cun conciso "non", a calquera destas aseveracións e mesmo chega a asegurar que "quen queira substituír a Mariano Rajoy" ten "poucas posibilidades de éxito". Neste senso, o dos Peares, prefire loubar a súa xestión de goberno e unha realidade económica e laboral en Galiza que, ao entender do líder do executivo, é a envexa de [email protected]

A submisión a Madrid e Bruxelas
Preguntado polo xornalista a respecto das políticas que a súa formación politica está a pór en marcha e polo programas de austeridade dirixidos desde Bruxelas, Alberto Núñez Feijóo asegura "botar en falla" que desde as institucións internacionais se pule por igual polas políticas de austeridade que polas de crecemento. "Necesitamos políticas de innovación, educativas", afirma o presidente do executivo galego que vén de presentar un recorte de máis de 500 millóns de euros nos Orzamentos para política social en 2013 --segundo denuncian desde a oposición.

Porén, Núñez Feijóo, xustifica a implementación da austeridade e as políticas de recortes "no deber" de todo mandatario que moitas veces debe "incumprir", asegura, "as súas promesas electorais" en aras das obrigas inherentes ao cargo. Desta maneira, o líder [email protected] populares [email protected] quixo votar unha man ao seu homólogo en Madrid, após un primeiro ano de mandato cargado de incumprimentos.

Unha política fiscal baseada no aumento das taxas
O modelo de "redistribución" promovido desde as filas do Partido Popular, afirma Feijóo, non se basea nunha suba de impostos ás rendas máis altas como demandan desde as bancadas dos partidos da oposición. O executivo galego aposta porque "os que teñen máis renda en Galiza" aporten máis "á financiación dos servizos pola vía da taxa" cando fan uso de determinados servizos públicos en trode de lles subir o IRPF. A aplicación deste tipo de custo sob o uso dos servizos gravará por igual ás persoas que posúan unha renda máis baixa, pois arestora non están a pagar máis os que máis teñen, senón que a taxa é pagada de igual maneira por [email protected] Asemade, nega que sexa posíbel implantar un imposto para a banca, como vén de acordarse no pacto de Govern en Catalunya.

O caciquismo de Baltar
Alberto Núñez Feijóo fuxe das preguntas a respecto dos últimos acontecementos ocorridos entre as filas do Partido Popular. Amáis da imputación por prevaricación do alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás --a quen o presidente non defende, a fiscalía vén de iniciar unha investigación por múltiples casos de corrución a José Luís Baltar. O ex-presidente da Deputación terá que explicar por que razón máis dun cento de contratos --cuxos procesos de tramitación son pouco ou nada transparentes-- foron parar a familiares de militantes do PP, no entanto, Núñez Feijóo demanda respecto cara a "presunción de inocencia" do ourensán de quen salienta "xa non está en política".

Aliás, o 'popular' defendeu algunhas das propostas que a súa formación sacará adiante durante esta lexislatura como a redución do número de parlamentares en troca das medidas aprobadas noutros territorios gobernados polo PP como a supresión dunha retribución fixa en Castilla La Mancha.