Feixóo defende agora que o PP debe apoiar en Madrid o traspaso da AP-9

Feixóo defende agora que o PP debe apoiar en Madrid o traspaso da AP-9
Imaxe da AP-9. Foto: cedida.
Imaxe da AP-9. Foto: cedida.  

O acelerado xiro do PP galego no que respecta á AP-9 confírmase. Ao final do Consello da Xunta desta quinta feira, Alberto Núñez Feixóo afirmou que o seu partido “debería votar no Congreso a prol do traspaso” da infraestrutura.
 


O PP estatal negouse en varias ocasións a tan sequera admitir a trámite o debate sobre o asunto, malia as sucesivas iniciativas unánimes procedentes do Parlamento galego. O galego, aínda que refrendaba as mocións presentadas pola oposición, non facía moito ruído contra a súa organización central. Ate que caeu Mariano Raxoi e abandonou a Moncloa.

“A nosa postura favorábel á transferencia non vai variar”, engadiu hoxe Feixóo, antes de lembrar que, “estivese quen estivese no Gopberno, PP ou PSOE, o Executivo central sempre dixo non”. “De momento o que hai é que se acepta a discusión”, sinalou. O PP vetou na mesa do Congreso as anteriores veces que a Cámara galega levou a cuestión a Madrid.

Desta volta existe outra particularidade, e é que a iniciativa lexislativa do Parlamento de Galiza que se debaterá no Congreso non só se refire á transferencia da AP-9, senón tamén á súa recuperación para o patrimonio público.



x