ACTO POLO 25 DE XULLO

Feixoo denomina a política do PP de “galeguismo útil na defensa da autonomía”

Feixoo denomina a política do PP de “galeguismo útil na defensa da autonomía”
O presidente da Xunta e o alcalde de Lalín no acto
O presidente da Xunta e o alcalde de Lalín no acto  
Alberto Núñez Feixoo sinala que o Partido Popular está a deseñar unha ruta cara a unha Galiza “familiar, verde e innovadora”. O presidente da Xunta participou con estas palabras no acto que o PP realizou con motivo do 25 de xullo e que tivo lugar aos pés da estatua en Lalín de Balbino, o personaxe de Neira Vilas en Memorias dun Neno Labrego.

Ante a estatua en Lalín a Balbino, o personaxe de Neira Vilas en Memorias dun Neno Labrego, o PP desenvolveu o acto “adiantado” con motivo do 25 de xullo. Nel interveu Alberto Núñez Feixoo, quen afirmou que o Partido Popular simboliza o “galeguismo útil, cordial e construtivo” que defende e amplía a autonomía, pese a que durante o seu goberno non se acadou ningunha competencia para do Estado para a Galiza.

Feixoo remarcou que o PP reivindica “sen complexos o galeguismo”

Coa mirada posta xa na próxima década, Feixoo avogou por “actualizar o galeguismo” para que o PP “siga entendendo e resolvendo mellor que ninguén as inquedanzas da veciñanza”, e engadiu que “os debates sobre a Galiza que foi e a que é deben deixar paso á Galiza que debe ser”. Neste punto, asegurou que só este partido pode ofrecer aos galegos e as galegas “un proxecto de futuro claro e en positivo, xa que o avala a experiencia e motívao a forza da mocidade”, afirmou.

Feixoo fixo referencia a Xosé Neira Vilas e á súa obra ‘Memorias dun neno labrego’, para, segundo el afirmou, “reflexionar o que queremos ser”.

Así, dixo que a nosa a Galiza está “obxectivamente chea de razóns para mirar cara adiante con ilusión e optimismo e puxo en valor unha terra próspera, que recibe millóns de visitantes, que goza de estabilidade política nunha España confundida”, afirmou en referencia ao fracaso desta terza feira 23 de xullo na sesión de investidura no Congreso.

Feixoo remarcou que o PP reivindica “sen complexos o galeguismo” e incidiu no “orgullo de ser galegos, españois e europeos”.