Feixoo di agora que non vai permitir a “chantaxe” e “desprezo” do goberno español a Galiza

Feixoo di agora que non vai permitir a “chantaxe” e “desprezo” do goberno español a Galiza
Foto:PPdeG
Foto:PPdeG  

O líder do PPdeG saca peito ante Pablo Casado no acto de inicio do curso político dos populares en Cerdedo-Cotobade, “a suma na Galiza é o PPdeG”, e ponse como exemplo de “estabilidade”, de “liberdade lingüística” e de apoio ás familias.


O Partido Popular español elixiu para inaugurar o curso político o único territorio onde teñen maioría absoluta, Galiza. A carballeira de Cerdedo-Cotobade volveu, máis un ano, ser o lugar desde onde Nuñez Feixoo e Pablo Casado marcaron discurso para fieis de cara aos meses que veñen.

O presidente da Xunta vestiuse de valedor da Galiza perante o goberno central. Un papel, como lle ten reprochado a oposición, que só fai cando no executivo español non goberna o seu partido. Así, fronte ao silenzo perante os anos de Mariano Raxoi na Moncloa, Feixoo dixo este sábado que non vai permitir o “desprezo” para con Galiza. o líder do PPdeG dixo que non vai aceptar que o Executivo central trate Galiza “a través do desprezo e da chantaxe”, criticando que o PSOE fixese uns orzamentos no que baixaban 30% os investimentos na Galiza.

Situou o PP como garantía de estabilidade fronte á “inestabilidade” do goberno español e da oposición na Galiza. Asegurou que o PP é garantía de que vai defender a liberdade lingüística e de que vai apoiar ás familias “máis que nunca”.

De por parte, o presidente do PP, Pablo Casado, dixo que Partido Popular e Galiza "seguen necesitando" a Feixoo "cando se convoquen eleccións autonómicas", e apelou directamente ao líder dos 'populares' galegos: "Necesitámoste, cando decidas, con quen decidas". Feixoo xa advertira: “a suma na Galiza é o PPdeG”,