Feixoo, partidario de “deixar gobernar” o PSOE no Concello de Ourense se permiten que Baltar continúe na Deputación

Feixoo, partidario de “deixar gobernar” o PSOE no Concello de Ourense se permiten que Baltar continúe na Deputación

Iso é, dixo o presidente da Xunta, o que “o que dita o sentido común”, apelando ao goberno da lista máis votada, un argumento que non gosta aos intereses a dirección española do PP. 


Un cambio de cromos. O PPdeG permitirá que goberne o PSdeG no Concello de Ourense e a cambio as socialistas deixarán que Manuel Baltar continúe á fronte da Deputación de Ourense malia perder a maioría na entidade provincial após as eleccións do 26M. Eis a proposta que Núñez Feixoo pon riba da mesa e que comunicou esta quinta feira, na súa comparecencia ante os medios após o Consello da Xunta.

“O pacto normal en Ourense, o que dita o sentido común, é que se temos a Deputación menos un escano, que deixen gobernar o PP. E se no Concello gañou o PSdeG, pódese deixar gobernar o Partido Socialista”. A declaración de Feixoo non dá lugar a equívocos ou malentendidos.

O presidente da Xunta e líder do PPdeG considera que estaas serían “propostas limpas” que si que “respectarían as urnas”. Nesta liña, afirmou que se o PSdeG “respecta as urnas é todo sinxelo, se non quere respectar as urnas e enlama os gobernos, estaremos noutro escenario”.

Feixoo defende unha vez máis que goberne a lista máis votada, contra os intereses de Casado en Madrid. A perda da maioría na Deputación de Ourense deixa o PP á beira de ficar sen o seu único poder provincial. Ao que hai que sumar que das sete cidades galegas só ten posibilidades de gobernar nunha, Ourense. A principal praza onde o PP logrou maioría absoluta no 26M foi Arteixo, de 30.000 habitantes.