REACCIÓNS

Feixoo, satisfeito por “recuperar o liderado” malia saber que perdería a Xunta

Feixoo, satisfeito por “recuperar o liderado” malia saber que perdería a Xunta
Feixoo, na noite electoral (Europa Press).
Feixoo, na noite electoral (Europa Press).  

O líder do PP na Galiza, Alberto Núñez Feixoo, compareceu na noite do domingo perante os medios de comunicación para subliñar que a súa formación “recupera o liderado político” que perdera en abril. Porén, de se repetiren estes resultados nas eleccións galegas, o dos Peares non recuncaría como presidente da Xunta.


A porcentaxe de voto superou pola mínima á do PSdeG, con quen empatou en escanos. Aínda así o discurso do PP na Galiza foi triunfal. O propio Feixoo falou perante a prensa para salientar que o seu partido “recupera o liderado político” que perdera en abril.

Malia que de repetírense estes resultados nas eleccións galegas o PP perdería a maioría (ao ser claramente superado pola esquerda), Feixoo dixo manter “intacta” a “expectativa” de manter a maioría absoluta en “dez meses” -fechou así a porta a un posíbel adianto electoral-. Engadiu que “continuará traballando por unir o centro-dereita”-

No seu discurso, de chave españolista, o presidente da Xunta sinalou que “o centro político en España é o PP”.