Fernán Vello avanza o voto negativo de En Marea aos orzamentos se non hai melloras "sustanciais"

Fernán Vello avanza o voto negativo de En Marea aos orzamentos se non hai melloras "sustanciais"
Miguel Anxo Fernán Vello
Miguel Anxo Fernán Vello  

Así llo transmitiu á subdelegada do goberno na provincia de Lugo.


En declaracións recollidas por Europa Press, o parlamentar de En Marea —un dos referentes de Anova— xulga intolerábeis as contas do Goberno Sánchez no que atinxe ao país, sendo que "non se comprometen coas verdadeiras necesidades de Galiza en moitas materias e reducen os investimentos en 20 por cento en relación ás partidas do ano pasado, cunha caída de 184 millóns de euros".

Fernán Vello puxo en destaque que os cinco votos de En Marea no Congreso son fundamentais para a aprobación do proxecto de orzamentos, pactado nas súas liñas mestras por PSOE e por Podemos.

Nese sentido, o parlamentar asegura que a confluencia galega vai demandar do Goberno Sánchez "a criación dunha comisión bilateral de negociación" visando a modificación das contas nos aspectos relativos aos investimentos na Galiza.

"Os orzamentos", estendeuse Fernán Vello, "non apostan na verdadeira vertebración interna e o único que promoven é unha conexión do AVE coa meseta". "Non contemplan", criticou, "a prolongación do Eixo Atlántico ferroviario nin o desenvolvimento da conexión con Portugal", sen tampouco prestar a suficiente atención aos "sectores produtivos" da economía galega.



x