Ferraz advirte a Pachi Vázquez que non admitirá as primarias no PSdeG

Ferraz advirte a Pachi Vázquez que non admitirá as primarias no PSdeG
Nun contundente informe, a dirección do PSOE lembra @s socialistas [email protected] que "o único procedemento estabelecido e recoñecido" na elección da Secretaría xeral é a escolla "indirecta mediante [email protected]". A executiva do PSdeG anuncia a convocatoria dun "Congreso extraordinario" e da celebración dun "proceso de participación" da militancia para a escolla da nova dirección política do partido mais rexeita falar explicitamente da convocatoria de primarias.

A Alfredo Pérez Rubalcaba médranlle os ananos en Ferraz. Após o acontecido co PSC a tensión aumenta entre as federacións socialistas que non ven con bos ollos o inmobilismo practicado polo seu líder. Neste senso os postulados de Ferraz baten contra as demandas da militancia que exixe un importante cambio de rumbo no partido e nega calquera aceno de mudanza que proveña das formacións territoriais.

Se ben Rubalcaba sancionou o PSC polo seu apoio ao dereito a decidir do pobo catalán, o presidente do PSOE volveu bater co puño na mesa após coñecer que o PSdeG recuncaba na idea de convocar eleccións primarias na escolla da súa secretaría xeral nun intento por escoitar o clamor das bases que demandan unha participación directa á hora de elixir a dirección política do partido. Porén, Madrid advertiu @s [email protected] --a través do envio dun contundente e rotundo informe-- que non admitiría como válida a convocatoria habida conta, din, de que os Estatutos non contemplan esa posibilidade de acordo coa decisión adoptada no último Congreso federal celebrado en Sevilla o pasado ano 2012.

Ferraz advirte @s socialistas [email protected] que non admitirá un procedemento de elección distinto aos fixado polos Estatutos

Así as cousas, Pachi Vázquez asegurou que este sábado a Executivo do PSdeG convocará o Congreso extraordinario do que sairá eleita a nova dirección do partido. Malia as advertencias de Ferraz. Porén, segundo os últimos comunicados feitos públicos [email protected] socialistas o "proceso de participación" da militancia concretarase nunha "consulta" --xa non se fala de primarias de maneira explícita-- e aseguran que a súa vontade non é facer "nada en contra de Ferraz". Neste senso, Pachi Vázquez podería procurar así unha outra vía que permitise a participación directa da militancia --que podería non ser vinculante-- sen contradicer o fixado pola normativa interna, No entanto Ferraz advertiu a pasada cuarta feira que non admitiría máis procedemento que o estabelecido polos Estatutos, é dicir, a elección a través de [email protected] da nova dirección do partido.

Sermos Galiza tentou falar co secretario de organización do PSdeG, Pablo García, porén @s socialistas declinan responder a respecto do acontecido até pasada a executiva que terá lugar este sábado.

Malia o tira-puxa entre ambas as dúas direccións o certo é que até o de agora só existe unha única proposta formal, a do lucense Besteiro, aínda que algúns outros dirixentes do partido como Francisco Caamaño ou mesmo José Blanco teñen manifestado a súa vontade de se presentaren como candidatos á secretaría xeral. Haberá que agardar á convocatoria do Consello Nacional --que fixará os prazos para o conclave extraordinario-- para ver se algunha candidatura máis decide optar a secretaría.