Ferraz aproba o calendario de primarias do PSdeG

Ferraz aproba o calendario de primarias do PSdeG

A Comisión Executiva Federal do PSOE aprobou o calendario de primarias para elixir, o vindeiro 18 de novembro, o candidato nos concellos de máis de 20.000 habitantes así como o candidato á presidencia da Xunta

No que atinxe ás primarias municipais o prazo para concorrer é do 22 ao 25 de outubro, data a partir da cal se abrirá o período para a recollida e presentación de avais. Unha vez verificada a documentación presentada, a campaña interna desenvolverase entre os días 9 e 17 de novembro. En caso de que algún dos aspirantes acade máis da metade dos votos non se requirirá segunda volta, e a proclamación definitiva dos gañadores será o día 22; mentres que, no caso contrario, a segunda volta terá lugar o 25 de novembro e a proclamación definitiva do gañador será o día 29.

No relativo ás primarias para ser candidato á Xunta, a presentación de precandidaturas remata o día 16 de outubros. A campaña durará entre o 4 e o 17 de novembro; e as datas de votación e proclamación definitiva coinciden co estipulado para as primarias locais.



x