Foro de Salzsburgo sinala Lores como unha das “10 persoas que fan un mundo mellor”

Foro de Salzsburgo sinala Lores como unha das “10 persoas que fan un mundo mellor”

O alcalde de Pontevedra impulsou unha mudanza radical da cidade na que devolveu “a cidade ás persoas”, destaca.


O Seminario Global de Salzsburgo é unha pretixiosa organización sen ánimo de lucro que leva  décadas organizando encontros e xornadas internacionais nos que se tratan diversas cuestións, desde economía a cultura, pasando por dereitos sociais, medio ambiente ou xeopolítica. Desde a súa posta en andamento en 1947 acolleu máis de 500 seminarios, nos que tomaron parte por volta de 30.000 participantes de 169 estados diferentes.

LoresEste Foro vén de situar o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, como “unha das 10 persoas que forman un futuro mellor”. Así o recolle a revista Clemens, editada polo Foro, e na que Lores partilla lista con persoas como a tailandesa Salinee Hurley, pioneira en enerxías limpas; SukhDeep Singh, activista indio polos dereitos LGTBI, ou a surafricana Tolu Oni, investigadora en sanidade pública.

O rexedor pontevedrés participou na edición de 2018 deste Foro, que nesa edición debruzouse sobre a emerxencia climática e o papel a xogar polas cidades. Segundo recolle Clemens, Fernández Lores transformou Pontevedra, que nos seus mandatos pasou de ser un “almacén de coches” a un “paraíso pedestre”. Destaca o Foro os recoñecementos logrados estes anos por Pontevedra coas súas políticas e salienta que se reducise en 66% as emisións de CO2.