Fronte Obreira Galega e BNG a prol dunha candidatura galega

Fronte Obreira Galega e BNG a prol dunha candidatura galega
[Imaxe BNG]
[Imaxe BNG]  

Ambas as dúas formacións coiniciden en sinalar que a representación da Galiza sen subordinacións a "estruturas partidarias foráneas" é "a mellor garantía para que Galiza estea presente neste momento de cambio político".


Senllas delegacións da Fronte Obreira Galega e do BNG reuníronse en Vigo para esta segunda feira (10 de agosto) para partillar puntos de vista a respeito da conformación dunha candidatura galega ás eleccións ás Cortes españolas. 

No encontro, as dúas organizacións coincidiron na necesidade de que Galiza contra con representación de seu no Parlamento español "non subordinada a estratexias ou estruturas partidarias foráneas", como "a mellor garantía para que Galiza estea presente neste momento de cambio político". 

Através dun comunicado conxunto remitido á imprensa afirman que "calquera mudanza democrática da estrutura do Estado debe incluír o respecto á soberanía das nacións" polo que se comprometeron a " traballar conxuntamente no impulso dunha candidatura galega con personalidade xurídica propia e co obxectivo de dispor dun grupo propio no Congreso dos Deputados". 

Un obxectivo que din debe resultar da abertura dun "proceso plural" e "aberto capaz de integrar á sociedade galega que participa de organizacións e colectivos e a todas aquelas persoas dispostas a traballar polos obxectivos da candidatura". 

Esta xuntanza fixo parte da rolda de contactos que está a levar a cabo o BNG con distintas organizacións políticas e que reuniu a fronte nacionalista con delegacións de Compromiso por Galicia, Agora Galiza, Partido Galeguista e Alternativa dos Veciños de Oleiros



x