"Galiza non existe nese pacto": BNG critica que o acordo PSOE-Podemos para os orzamentos "ignore temas centrais" para o país

"Galiza non existe nese pacto": BNG critica que o acordo PSOE-Podemos para os orzamentos "ignore temas centrais" para o país

A Executiva da formación nacionalista afirma que o ocumento demostra que o noso país "está sen voz en Madrid".


O pacto para os orzamentos xerais do Estado 2019 entre o goberno de Pedro Sánchez e Unidos Podemos non convence ao BNG, que considera que o acordo demostra que "Galiza está sen voz en Madrid", en palabras de Bieito Lobeira, secretario de Organización, que realizou unha pimeira valoración en nome da Executiva nacionalista.

Desde o BNG salientan que no documento asinado entre PSOE e Unidos Podemos non se recollen nin contemplan "cuestións de especial interese para o noso país". Así, indican os nacionalistas, non hai refrencia a temas que fan parte da axenda política galega (AP-9, saída de ENCE...), non se contempla en materia enerxética singularidade dos territorios que, como a Galiza, son produtores de enerxía eléctrica; ou mesmo o acordo propón "unha reforma electoral que legaliza a cacicada no voto emigrant".

“Infelizmente, queda lonxe a etapa en que o BNG facía valer os seus deputados en Madrid e conseguía fondos e investimentos para o noso país. Hoxe, ao igual que no debate de investidura de Sánchez, volve quedar en evidencia que. Precisamos reverter canto antes esta situación e facernos valer como país”, dixo Lobeira.



x