Galiza Nova rende tributo a Rosalía e Castelao en Bonaval

Galiza Nova rende tributo a Rosalía e Castelao en Bonaval
Homenaxe a Rosalía e Catelao [Imaxes X. G. Souto]
Homenaxe a Rosalía e Catelao [Imaxes X. G. Souto]  

O Parque de Bonaval acolleu esta quinta feira, en vésperas do Día da Patria Galega, a homenaxe que cada ano a organización xuvenil Galiza Nova rende a Rosalía de Castro e Castelao. 

Embora ser habitual que este acto se desenvolva no Panteón de Galegos Ilustres, onde se atopan os restos de [email protected] [email protected], a Xunta de Galiza impediu que as mocidades do BNG puidesen levar a cabo a homenaxe no tradicional emprazamento pois o goberno galego localiza no Panteón a exposición On the road, dedicada á figura de San Francisco de Asís. 

Así as cousas, Galiza Nova, afirmou o seu secretario xeral, Alberte Mera, "non precisa" de permisos "nen da Igrexa nen do PP para honrar aos nosos patriota". 

Ao abeiro da carbelleira de Bonoval e cun nutrido grupo de participantes @s [email protected] nacionalistas fixeron parte dunha orixinal homenaxe que contou coa participación de Caxade e das poetas AldaoLado. 

Lucía Veciño, responsábel da Asemblea de Mulleres da organización xuvenil, deu abertura ao acto lembrando as vítimas do accidente ferroviario de Angrois do que hoxe se cumpriu o primeiro cabodano. Veciño tamén se sumou ás demandas de familiares e [email protected] que reclaman a creación dunha comisión de investigación parlamentar para dirimir as posíbeis responsabilidades políticas no descarrilamento ferroviario. 

A activista feminista salientou no seu discurso a importancia da obra rosaliana na loita polos dereitos das mulleres de cuxos textos, dixo, foron pioneiros a nivel europeo na materia. 

Pola súa banda, o secretario xeral de Galiza Nova puxo en valor o papel da poeta de Padrón na denuncia da emigración que atinxe tamén agora de maneira máis que notábel á mocidade galega. "España e o capital condena ao exilio a máis de 70 mozas e mozos da Galiza ao día", denunciou Mera. Quen quixo tamén subliñar a "inxusta inxustiza que premia aos poderosos e corruptos" e que tamén foi denunciada por Rosalía na súa obra. O voceiro xuvenil chamou a mocidade a "erguer a fouce das aldraxadas para exercer a xustiza aínda que sexa pola man".

Así mesmo, Alberte Mera lembrou a figura de Daniel Castelao, "símbolo da loita pola soberanía de Galiza", conviccións e activismo, afirmou polos que foi "amordazado e perseguido" polos "mesmos fascistas" que anos máis tarden promoverían a traída dos seus restos para os soterrar en Bonoval "traizoando o seu desexo de non descansar na Galiza" até que esta fose ceibe. 

No acto tamén participou o secretario de organización do BNG, Bieito Lobeira, quen parabenizou a organización xuvenil por manter vivo o facho de [email protected] [email protected] Así mesmo, afirmou que actos coma o de Bonaval dan conta de que "Galiza non é un pobo resignado, é rebelde, insubmiso e demóstrao cando toca". 

Lobeira defendeu o dereito de Galiza a decidir na súa intervención porque "somos un país capaz de valerse por si mesmo". Porén, reivindicou, que "a mocidade quede aquí" en troca de emigrar. 

O acto rematou cunha oferenda floral no Panteón aos pés dos restos de Castelao e Rosalía.