Goberno de Compostela denega permiso a Nós-UP para o xantar do Día da Pátria


Goberno de Compostela denega permiso a Nós-UP para o xantar do Día da Pátria

A organización presentara hai semanas solicitude para facer ese acto nos xardíns de San Roque. Agora,ten que procurar emprazamento alternativo

O goberno local de Compostela, en mans do PP, vén de denegar a Nós-Unidade Popular o permiso para realizar este 25 de xullo nos xardíns de San Roque o tradicional xantar que desenvolvía a organización independentistas.

Desde Nós-UP indican que pediran permiso hai varias semanas. Durante ese período, sinalan, desde o executivo local “todo o tipo de manobras para atrasar umha e outra vez umha resposta que todos os prognósticos apontavam que iria ser negativa. Entre as múltiplas gestons realizadas para adiar a resposta municipal, inclusive chegárom a reconhecer a perda da solicitude entre os diversos departamentos quando foi cursada legalmente no registo municipal”.

Porén, a organización avisa que desenvolverá o xantar polo Día da Patria malia a prohibición municipal, mais que busca un lugar alternativa onde realizalo.