O Goberno español di agora que é “unha prioridade” retirar o combustíbel do 'Blue Star'

O Goberno español di agora que é “unha prioridade” retirar o combustíbel do 'Blue Star'
O Blue Star na costa da ría de Ares (Iago Varela)
O Blue Star na costa da ría de Ares (Iago Varela)  
Javier Losada, subdelegado do Goberno na Galiza, admitiu na Radio Galega que o buque ten a bordo 45 toneladas de fuel e 60 de gasóleo.

O delegado do Goberno na Galiza, Javier Losada, asegurou este domingo na Radio Galega que "a prioridade" agora "é baleirar" de combustíbel o 'Blue Star', encallado na ría de Ares.

Losada insistiu que os técnicos aseguran "que non hai ningún tipo de perigo" de contaminación nestes momentos, mais que aínda así continuará activada a alerta do Plan Marítimo Nacional "por se é preciso".

SMIT Salvage, foi a mesma que se encargou en 2002 de levar a mar aberto ao 'Prestige'

A compañía holandesa encargada a partir de agora do rescate, SMIT Salvage, foi a mesma que se encargou en 2002 de levar a mar aberto ao 'Prestige'. Para comezar a actuar ten agora que presentar en 24 horas un plan ante a Capitanía Marítima que debe ser "estudado polo Estado", explicou o delegado do Goberno.

Javier Losada admitiu que o 'Blue Star' ten a bordo 45 toneladas de fuel e 60 de gasóleo "para a navegación". Preguntado sobre o risco de contaminación, Losada insistiu en que "están en alerta" as barreiras de Fene, Ferrol e A Coruña "por se é preciso actuar" e volveu a sinalar que os técnicos "indican que non hai ningún tipo de perigo".