O Grupo Parlamentar Socialista nomea por erro Abel Caballero novo portavoz na Cámara galega

O Grupo Parlamentar Socialista nomea por erro Abel Caballero novo portavoz na Cámara galega
(Europa Press)
(Europa Press)  

Fontes socialistas explicaron que foi "un erro humano" e que "aos 20 minutos xa estaba solucionado".


O Grupo Parlamentar Socialista enviou un escrito á Mesa do Parlamento da Galiza no que rexistra, por erro, Abel Caballero como novo portavoz parlamentar en lugar do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

No documento remitido á Mesa e asinado dixitalmente polos deputados e deputadas socialistas, o PSdeG comunica por erro ao alcalde de Vigo como novo portavoz, quen é, á súa vez, tío do xefe de filas dos socialistas galegos.

Fontes socialistas restaron importancia a este ‘lapso’ e explicaron a Europa Press que se tratou dun “erro humano" e que "aos 20 minutos xa estaba solucionado".

O erro non tardou en ser difundido por diferentes cargos populares a través das redes sociais, como o propio vicepresidente da Xunta e presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda.