AS ELECCIÓNS A OLLOS DE... O LEO

“Hai un xenocidio indirecto de milleiros de persoas nas fronteiras da Unión Europea”

“Hai un xenocidio indirecto de milleiros de persoas nas fronteiras da Unión Europea”
O Leo
O Leo  

O Leo considera necesario que Galiza conte cun micrófono que a defenda en Europa, a pesar de que as institucións da UE “estean tomadas polo capitalismo”. O músico, escritor e profesor Leonardo Fernández, O Leo, valora para Sermos Galiza que é o que se xoga o país nas eleccións europeas no contexto de emerxencia social en que vivimos.


Que se xoga Galiza nas eleccións europeas?

Pois como en todas as eleccións, estar aí e estar presentes. É dicir, termos un micro.

A actual Unión Europea é un monicreque do FMI e do Banco Mundial

Que é para ti a Unión Europea?

A actual Unión Europea é un monicreque do FMI e do Banco Mundial, polo que non teño confianza ningunha nela como ente con autonomía de decisión. Ademais, a chamada integración europea resultou ser outra pantalla máis do capital para disfrazar o totalitarismo. Mais pese a isto, entre ter un micro e non telo, hai moita diferenza.

E mentres a socialdemocracia barre o campo de concentración

Cara a onde avanza Europa?

Esta Europa é fascista. Están morrendo milleiros de persoas ou, mellor dito, estámolas asasinando indirectamente. Hoxe hai un xenocidio directo ás portas de Europa, en Palestina, e hai outro xenocidio indirecto de milleiros e milleiros de seres humanos migrantes e refuxiadas a quen se deixa morrer nas fronteiras da Unión Europea. E mentres a socialdemocracia barre o campo de concentración. É unha vergoña que non se lexisle para devolver o favor ao resto do mundo que nos fixeron a nós. Sinto vergoña de ser cidadán de Europa.