Homenaxe a unha muller valente: Porto do Son lembra Ánxela Franco

Homenaxe a unha muller valente: Porto do Son lembra Ánxela Franco
Ánxela Franco
Ánxela Franco  

O acto, organizado polo BNG, terá lugar este sábado.


A explanada portuaria de Porto doSon acolle este sábado, día 8, unha homenaxe a Ánxela Franco, concelleira nacionalista e deputada provincial, que faleceu o pasado domingo aos 57 anos de idade. ‘Sempre na nosa memoria’ é a chamada deste acto de recordo, organizado polo BNG e que en caso de choiva trasladarase á casa de Cultura de Porto do Son.

O falecemento de Ánxela Franco causou sorpresa e pesar en Porto do Son e a familia nacionalista. Muller referencial neste concello onde era edila como no propio Bloque Nacionalista Galego, tiña cunha longa traxectoria e compromiso político coa formación nacionalista. Numerosas entidades e colectivos sociais e veciñais recoñeceron nestes días o compromiso e traballo desta muller  que era, en palabras de Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña e membro da Executiva do BNG, "autenticidade e bravura".