AS ELECCIÓNS A OLLOS DE.... ANTÓN BAAMONDE

“Hoxe Andalucía ou Valencia son actores máis relevantes na política estatal que Galiza”

“Hoxe Andalucía ou Valencia son actores máis relevantes na política estatal que Galiza”
Baamonde
Baamonde  

Profesor e ensaísta, Antón Baamonde (Vilalba, 1959) considera que estamos perante unhas eleccións “cruciais” das que pode saír un “tripartito de dereita radicalizada”. Iso sería, opina, un “desastre” mais non algo “inusual” no mundo actual.


As eleccións do 28A deixarán un escenario sen maiorías claras, polo que a posibilidade de entrar en novas fases de “bloqueo” político é certa. Antón Baamonde ve a dereita “radicalizada” e un PSOE que sitúa como segunda opción do moderantismo español”. Porén, lamenta o profesor e ensaísta, “que a única visión que haxa de España sexa a da España tradicional” é “desconcertante”. Ao que se suma que na cuestión territorial "o summum do progresismo sexa non facer nada".

As eleccións prodúcense após un ciclo no que “parecía que ía pasar algo, a crise do réxime do 78, e finalmente non pasou. O único que pasou foi unha mudanza no sistema de partidos”.

E que se xoga Galiza nestas eleccións? “O país perde fol no económico, no social, na conciencia política”, afirma, “Galiza non existe, nin está nin se lle espera”. O que non é unha boa nova, máxime tendo en conta que “desde a sentenza de 2010 sobre o Estatut hai en España unha forte vontade de recentralización”.

Na actualidade, lamenta, “Andalucía ou Valencia son actores máis relevantes que Galiza” na política estatal.