Iglesias e Bescansa embeléñanse polas primarias en Podemos Galiza

Iglesias e Bescansa embeléñanse polas primarias en Podemos Galiza

O secretario xeral de Podemos di que lle sorprende que ela queira dirixir o partido en Galiza “cando leva 20 anos en Madrid” e Bescansa respóndelle que “as galegas non deixamos de selo cando emigramos”.


A renovación do liderado en Podemos Galiza  fai abrollar as diferenzas existentes no seo da formación, non xa só no noso país senón tamén a nivel de Estado. A decisión da actual dirección galega de propoñer Carolina Bescansa para optar á secretaría xeral do partido en Galiza semella que non sentou moi ben en Madrid. A compostelán, coñecida a proposta, anunciou que era unha “honra” e que o valoraría. Algo que Pablo Iglesias, nunha entrevista en La Sexta, afirmou que lle “chama a atención”.

“Eu non falo con Carolina desde que fixo público ese documento [refírese ao documento no que se perfilaba un ‘plan’ para desbancar Iglesias]. Chámame a atención que alguén que leva 20 anos en Madrid e que hai tempo que se fixo público que quería ir á Asemblea de Madrid queira dirixir Podemos Galiza”, dixo, ao tempo que apontaba que moita xente” faise a mesma pregunta.

Non tardou en retrucarlle Bescansa a través das redes sociais. A co.fundadora de Podemos escribiu na súa contade twitter que “as galegas non deixamos de selo cando emigramos”.

Así pois, todo aponta a que Carolina Bescana vai ser quen dispute a secretaría xeral galega de Podemos a Antom Gómez-Reino, deputado de En Marea no Congreso.