Iglesias e Garzón acordan ir ás xerais e ás europeas como Unidas Podemos

Iglesias e Garzón acordan ir ás xerais e ás europeas como Unidas Podemos
Garzón e Iglesias
Garzón e Iglesias  

A idea é estender o acordo a En Marea, En Comú Podem e Equo. Hai tamén un preacordo para concorreren xuntos na comunidade autónoma de Madrid.


A pesar de que a evidencia empírica non sostén a idea de que a unidade sexa sempre rentábel en termos electorais (véxanse os resultados das xerais de 2016 e as recentes andaluzas), Podemos e IU acordaron esta cuarta feira que concorrerán xuntos, en coalición, ás xerais do 28A e ás europeas do 26M. Vano facer coa marca Unidas Podemos. A entente está aberta a incorporar como parceiros En Marea, En Comú Podem e Equo.

O acordo —que terá de ser ratificado en referendo polas bases da organización liderada por Alberto Garzón—foi confirmado polos respectivos secretarios de Organización: Pablo Echenique por Podemos e Ismael González por IU.

Onde xa é seguro que estas organizacións concorerrán ás urnas por separado é en Aragón e Asturias.

Mentres tanto, na Galiza continúa sen haber movimentos claros sobre o taboleiro e todas as opcións, mesmo un acordo co villarismo in extremis, están postas sobre a mesa.