Encausados na 'Operación Jaro' levarán a ilegalización de Causa Galiza ao Constitucional

Encausados na 'Operación Jaro' levarán a ilegalización de Causa Galiza ao Constitucional
Foto GZcontrainfo
Foto GZcontrainfo  

Ex-militantes da organización política suspendida pola Audiencia Nacional acudirán a este órgano para reclamar “o dereito a fer política independentista na legalidade”.


O 30 de outubro faise un ano da 'Operación Jaro', o operativo ordenado pola Audiencia Nacional e que implicou a detención de 9 militantes independentistas e a ilegalización de facto de Causa Galiza. O xuíz Eloy Velasco establecera 2 anos de suspensión de actividades para a organización independentista, unha decisión que que finalmente foi reducida a un ano, mais prorrogábel. Ese ano de suspensión vai cumprirse para o mes, finalizando esa ilegalización. Mais as persoas encausadas prevén que a Audiencia Nacional decida prorrogar a suspensión.

Perante este escenario que ven como máis que probábel, as 9 persoas encausadas decidiron que van interpoñer un recurso perante a Audiencia Nacional contra a prórroga. De rexeitar a AN o recurso, acudirían ao Tribunal Constitucional para “reclamarmos o direito a fazermos política independentista na legalidade, que consideramos inviolável e prévio a qualquer ordenamento legal espanhol”.