ELECCIÓNS 10-N

Inicio da campaña e pegado de carteis na noite do Samaín

Inicio da campaña e pegado de carteis na noite do Samaín
Colexio electoral en Cerceda [Distrito Xermar]
Colexio electoral en Cerceda [Distrito Xermar]  
A campaña electoral arranca na véspera do Día dos Defuntos. As forzas políticas teñen oito días para pedir o voto antes da cita coas urnas.

Resta xa menos de un día para o comezo dunha campaña electoral marcada pola súa brevidade, oito días. A casa de saída é a madrugada da quinta a sexta, noite de Samaín e véspera do Día dos Defuntos. Na Coruña coincidirán PSdeG, Galicia en Común e BNG na pegada de carteis, mentres o PP optará por Vigo e Ciudadanos repartirase nas capitais administrativas das circunscricións.

O PSdeG pegarán os seus primeiros carteis na zona do Obelisco, previa cea de campaña na que participarán o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e a ministra de Economía en funcións, Nadia Calviño. Durante a fin de semana o partido celebrará un acto en Vigo que contará coa presenza da vicesecretaria estatal, Adriana Lastra.

Galicia En Común comezará no local “Monty” da cidade herculina, onde a coalición reunirá a partir das 20 horas ás súas cabezas de lista polas catro circunscricións. A continuación, cada candidato desprazarase á súa correspondente capital administrativa para participar, xa na medianoite, na pegada de carteis.

As nacionalistas celebrarán un magosto na súa apertura de campaña, no que estarán presentes a portavoz nacional, Ana Pontón, e o candidato pola Coruña, Nestor Rego. Os seus primeiros carteis ocuparán as vallas da Praza de Catro Camiños.

O Partido Popular escolleu Vigo para pegada de carteis. Esta sábado o PP celebrará en Lalín un magosto-mítin, no que participará o secretario xeral Pablo Casado. O secretario xeral dos populares na Galiza, Miguel Tellado, non precisou se contarán coa presenza doutros dirixentes, como o expresidente Mariano Raxoi, para a carreira cara ao 10-N.