O inquérito do goberno vasco tamén aponta a unha ampla maioría abertzale

O inquérito do goberno vasco tamén aponta a unha ampla maioría abertzale
Parlamento vasco
Parlamento vasco  

Ao igual que as enquisas do CIS e da EiTB, o Sociómetro de Lakua sitúa o PNV como a forza máis votada, seguida de EH Bildu.


O Sociómetro, a sondaxe do goberno vasco, aponta que o 25S das urnas sairá unha ampla maioría abertzale ao ser PNV e EH Bildu primeira e segunda forza respectivamente. Un resultado que tamén apontaron inquéritos anteriores, como o do CIS ou o da cadea de radio televisión pública de Euskadi, EiTB.

O Sociómetro sitúa o PNV con 26 escanos, 1 menos que o que atinxíu en 2012 e 1 menos do que lle dan aos jeltzales as enquisas de CIS e EiTB. EH Bildu acadaría 17 escanos, 4 menos que nas eleccións vascas de 2012. Podemos irrompería con forza, segundo esta sondaxe, con 15 escanos, mentres que o PSOE obtería 9 (7 menos que hai catro anos) e o PP, 8 (2 menos). Ciudadanos non entraría no Parlamento.

Este traballo aponta que o PNV sería o máis votado nas tres provincias, empatando en escanos (8) con Eh Bildu en Guipuzkoa. Nesta provincia habería empate técnico entre jeltzales e esquerda abertzale (30%). En Bizkaia o triunfo do PNV é innegábel. Lograría 11 escanos por 5 de Podemos e 4 de Eh Bildu. En Araba o PNV atinxiría 7 deputados, por 5 de Eh Bildu, 5 de Podemos, 5 do PP e 3 do PSOE.