Jorquera avoga por ''avanzar no autogoberno'' e un ''cambio rotundo'' nas políticas para saírmos da crise


Jorquera avoga por ''avanzar no autogoberno'' e un ''cambio rotundo'' nas políticas para saírmos da crise
Nun coloquio en Vigo valora un inquérito publicado este domingo na prensa, segundo o cal o PP voltaría á Xunta con maioría absoluta. Chamou á cidadanía a concentraren o voto "na única alternativa posíbel, o BNG" para evitar que os partidos de esquerdas lle entreguen o goberno á dereita

Co acento posto nunha "mudanza radical" das políticas económicas para apostar polo desenvolvemento "pleno" do tecido produtivo do país, o candidato á Xunta polo BNG, Francisco Jorquera, anunciou este domingo os eixos centrais do programa electoral co que se presentará o vindeiro 21 de outuro aos comicios: poñer o país a producir, protexer os servizos públicos e "dignificar a democracia".

Foi en Vigo, nunha charla coloquio na que Jorquera apuntou a que os tempos que corren precisan "algo máis que unha alternancia no goberno", camiñando cara aos cambios "rotundos" na orientación na folla de ruta sinalada --a que pon a crise como escusa para impor a ideoloxía da dereita neoliberal-- en prol da protección das políticas sociais, fuxindo da concepción de "negocio" que se ten de dereitos fundamentais como o ensino e a sanidade. Para facer fronte ao PP "hai que afortalar o autogoberno e avanzar cara a soberanía", dixo, facendo fincapé na necesidade de controlarmos a economía propia --avogou pola banca pública-- para xerar emprego.

"O único voto realmente alternativo na Galiza ten un nome, BNG", sentenciou ao lle preguntaren @s xornalistas polo inquérito que este domingo nun xornal e que contempla unha nova maioría absoluta para o PP, namentres PSOE perdería un escano, a fronte nacionalista tres, a coalición de Beiras e Yolanda Díaz sacaría tres [email protected] e a abstención colocaríase no 44%.

Segundo os datos desa enquisa, o PP perde tres puntos en porcentaxe de voto, mais consolida a maioría cun escano máis. Ao entender de Jorquera, é esa a explicación "de que a dereita queira fraccionar o voto da oposición e promover outras alternativas que dispersen ese voto", polo que chamou a cidadanía a concentraren as papeletas cunha única sigla, a que el lidera.