José Blanco cae da lista do PSOE ás Europeas

José Blanco cae da lista do PSOE ás Europeas

Pedro Sánchez opta polo lalinense Nicolás González e non polo ex-ministro socialista.


José Blanco non irá na candidatura do PSOE ás eleccións europeas do vindeiro 26 de maio. O eurodeputado desde 2014 e ex-ministro socialista con Zapatero fica así fóra da candidatura e todo aponta a un punto e final da traxectoria política do de Palas de Rei. No seu lugar, Pedro Sánchez opta polo tenente alcalde de lalín, Nicolás González Casares. O lalinense é do sector galego que apoiou, desde primeira hora,  a Pedro Sánchez. Irá de noveno na lista a Bruxelas (Blanco fora de dez).

Sete dos catorce eurodeputados que ten o PSOE non repetirán. Non só Pepe Blanco, tampouco nomes como o de Ramón Jáuregi ou Elena Valenciano estarán na candidatura socialista. No caso de Blanco e Valenciano que non recunquen non é pola súa vontade senón por unha decisión da dirección socialista.
 



x